XUNQUEIRA DE

AMBIA

www.xinzodelimia.eu

Poboacións de Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente), A Chouzana, A Farria, A Graña (Santiago), A Pena, A Pousa, A Siota, A Tellada, Acevedo, Areas, Armariz (San Salvador), As Casas Novas, Bobadela A Pinta (Santa Mariña), Busteliño, Bustelo, Casasoá, Casnaloba, Cerdeira, Cima de Vila, Fondo de Vila, Merí, O Covelo, O San Martiño, Os Casares, Outorelo, Padroso, Pazos da Abeleda, Quintela, Requeixiño, Salgueiros, San Andrés, San Román, San Xillao, Sobradelo (San Román), Vilanova, Vilariño da Veiga, Vilariño do Río, Xunqueira de Ambía (Santa María A Real) Xunqueira

SITUACIÓN
Este municipio ourensán aséntase no centro da provincia. Rodeado por Baños de Molgas ao norte e ao leste; Vilar de Barrio, Sarreaus, e Sandiás ao sur e Allariz polo oeste.
Nos seus 47 quilómetros cadrados, se diseminan 40 entidades de poboación.
A accesibilidade vese favorecida pola estrada provincial de Allariz a Maceda, a que conduce ao Polígono Industrial de San Cibrao e a N-525 que toca polo sudoeste do municipio.
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
Situado no centro da depresión de Maceda, dentro do seu termo pódense distinguir dúas zonas, a formada polo río Arnoia, que vén da serra de San Mamed e recolle os arroios que baixan dos montes da Farria e A Siota e, ao sur, a parte que se envorca á lagoa de Antela e que verte as súas augas ao río Limia. Un cordón montañoso coroado polos altos da Farria (832 metros) e Lombas de Casnaloba (771 metros) fai de divisora local. A altitude media é de 650 metros.
O clima pódese definir como de transición oceánico-meditarráneo de interior, influído pola altitude.
HISTORIA
Os castros de Cerdeira e A Medorra e un miliario dunha vía militar romana evidencian o paso e presenza por estas terras de antigos pobos.
Con todo, a historia deste pobo vén marcada polo seu colexiata. A súa orixe remóntase ao século IV, a unha capela que se levantaba no lugar onde aparece, segundo a tradición, a imaxe da Virxe. En lle século VIII fundouse un mosteiro, chegando a súa época de esplendor a partir de 1150, cando pasou a depender da orde de San Agustín.
ANÁLISE SOCIOECONÓMICO

A ocupación principal é a agricultura, en especial patacas, centeo, maíz e trigo. O abandono das terras e a emigración favoreceron a concentración parcelaria, con explotacións maiores que poden ser rendibles no futuro.
A gandería está orientada ao vacún de leite. Como noutros municipios ourensáns, as granxas avícolas do grupo COREN, son unha importante fonte de ingresos.
O sector secundario e terciario desenvólvese na capitalidade, ao mesmo tempo a proximidade do Polígono de San Cibrao aumentou as posibilidades de traballo.
CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO

A colexiata, monumento nacional, destaca pola súa fachada románica, cunha elevada e fermosa torre, restaurada no barroco, e unha portada de tres arquivoltas de medio punto. O interior é de cruz latina, con tres naves separadas por arcos oxivais. O retablo é renacentista con influencias @flamenco. Mención especial merece o órgano de 1757, hoxe restaurado, e que se pode oír durante o mes de agosto nun ciclo de música, ao que acoden grandes organistas. O claustro, do século XVI, renacentista é dun só corpo.
Outras construccións de interese son a casa do Mosteiro, o Pazo de Armariz ou a capela de Pousa. Hai ademais numerosos edificios na vila que evidencian un pasado señorial. Brotan tres fontes de augas minerais que deberían ser acondicionadas.
FESTAS

A Asunción, 15 de agosto, e San Pedro Mártir (29 de abril) son os patróns. Celébrase a Semana Santa cun auto sacramental en Venres Santo e procesión de Sábado Santo. En Corpus Christi as alfombras florais cobren as rúas da vila. A feira local ten lugar o 24 de cada mes.
Fonte:INORDE
 

 

www.xinzodelimia.eu