VILAR DE SANTOS

SITUACIÓN.

Seguindo a estrada C-531 que comunica Xinzo de Limia con Celanova, o sudoeste da provincia de Ourense, atopase o concello de Vilar de Santos.

Comprende as parroquias de Parada de Outeiro e Vilar de Santos que ocupan unha superficie de 20,4 Km2, converte a este concello no mais pequeno da comarca da limia da que forma parte, así coma un dos de menor extensión da provincia de Ourense.

Un concello pegado a terra como o seu nome indica (vilar, derivación de Vila, que designaba inicialmente unha explotación agrícola coas vivendas dos cultivadores).

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. Dende o punto de vista físico, distínguese no concello dúas unidades morfolóxicas ben diferenciadas: o norte atopase a zona montañosa, formada por elevacións superiores ós 700 metros, destacando os montes de O Castro con 842 metros e Cubelo con 786 metros. O sur, e a medida a que nos achegamos cara o río Limia, o terreo faise mais chan xa que as terras son resultado da desecación da Lagoa de Antela.

A rede hidrográfica do concello e pobre, só cabe destacar o río Lameiras e o canle da Lagoa de Antela, o río Limia actúa de fronteira administrativa entre este concello e o de Xinzo de Limia.

O clima oceánico da zona caracterizase por ter unhas temperaturas extremas con veráns secos e calorosos, e invernos fríos e secos, a maior cantidade de precipitacións acumulase nos meses de outono e inverno, o que posibilita o desenvolvemento de formacións vexetais e arbóreas típicas da area (carballos, pinos e matagueira moi diverso).

HISTORIA E ARTE

A presencia humana na zona remontase a época prerrománica. Testemuña deste tempo é a celebre arracada de Vilar de Santos, arracada "castrexa" de gran valor, realizado en ouro con gran mestría. A peza foi atopada no ano 1924. Hoxe podemos admirar unha reproducción no museo da Limia.

Os pobos xermánicos (suevos e visigodos) deixaron impronta nos topónimos. Para os veciños ten especial relevancia o de Saa, antiga capitalidade sendo hoxe un lugar abandonado a punto de ser recuperado cun proxecto de turismo rural.

Os romanos construíron a vía XVIII o "Vía Nova" entre Braga e Astorga. Boa proba do seu paso por Vilar de Santos son os abundantes miliarios (Columnas de pedra que sinalaban as millas da vía ) que se atoparon aquí, moitos deles están hoxe no museo arqueolóxico de Ourense, outros aínda se poden ver en Vilar de Santos.

As pezas importantes do románico, son a igrexa de Santa María en Parada de Outeiro e a de San Xoán en Vilar de Santos. A primeira, garda no seu interior a imaxe do santo mais querido dos veciños, por a súa fama de milagreiro, San Bieito, do que a súa maior singularidade é ser "preto" e descendente de escravos.

ANÁLISE SOCIOECONÓMICO. O concello de Vilar de Santos, viuse afectado, o igual que outros moitos da Galicia interior, sobre todo na década dos anos 60, por unha forte emigración, tanto cara países europeos con o a outras zonas de España.

Na actualidade, moitos destes emigrantes remataron voltando o concello, repercutindo favorablemente na economía local, sobre todo no sector da construcción.

A economía do concello centrase fundamentalmente no sector primario sendo a agricultura a que ocupa o 45% da poboación activa. Dentro dela, a pataca é o producto mais cultivado. A gandería constitúe outra fonte de ingresos para os habitantes do municipio, destacando, sobre todo algunhas granxas porcinas e avícolas. A pesar de ser un concello pequeno observase un elevado nivel de mecanización no sector agrícola.

MONUMENTOS E MUSEOS. A igrexa de San Xoán ten no seu haber o merecemento de ter mudado de lugar nos anos 60, transportado polos veciños pedra a pedra dende Saa ata Vilar de Santos e completada con pezas dunha antiga capela hoxe desaparecida.

Do século XVII son os pazos de Parada e de Outeiro, mostras da arquitectura da comarca da Limia deste tempo. Ambas naceron como casas grandes ligadas a explotacións agrarias.

Os veciños de Vilar de Santos, coma o resto dos limiáns están profundamente ligados a terra. Durante séculos a producción de cereais foi a base da súa economía hoxe substituídos en gran parte pola pataca. Este feito conforman moitas das súas sinais de identidade.

A arquitectura popular reflicte claramente a abundancia doutro tempo, non hai aldea sen forno, nin parroquia sen muíño.

O Museo Etnográfico da Limia ( pertence a Rede de Museos da Xunta de Galicia e o Sistema Español de Museos).

O museo ten seis salas que agrupan a colección baixo os seguintes títulos: A Limia, O liño, Os Oficios, A Pataca, O Agro e A Casa.

Ademais conta cun obradoiro de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada.

Concértanse visitas con guías. Unha das singularidades deste museo é que os guías son artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.

A igrexa de San Juan: Románica do século XII

O parque Municipal, con instalación deportivas, xardíns e estanque. O río Limia e os pozuelos da antiga Lagoa, onde hoxe volven aniñar as aves acuática, patos, galiñas de auga, etc....

A capela de Santa Marta: de arquitectura popular, en Catelaus.

A igrexa de Santa María (Románica), cun singular cimborrio coroando a nave e no que se encontra a imaxe de San Benito Preto. Tamén o Pazo da Señorita e dos Marquina, singulares mostras das casas señoriais do século XVIII. Os dous monumentos anteriormente citados encóntranse en Parado de Outeiro.

fonte:INORDE