TRANDERAS

Trandeiras e o Bon Xesús dende a torre de Pena.

A Igrexa do Bon Xesús de Trandeiras, conserva da sua primitiva construcción a fachada, xa que en 1668 as lapas destruíron o resto e tivo que ser remodelada, esta fachada ten unha gran porta gotico-plateresca con influencias Egás e estilo Manuelino por proximidade. Gran riqueza decorativa, cos seus arcos de medio punto a os arcos conopial deprimido. Nun peto a imaxe de Xesús neno e por riba del un pequeno rosetón. no interior, amplia nave de bóveda de nervios sobre arcos de descarga. Retablos Barrocos de fermosas policromías.

Entrada principal o mosteiro do Bon Xesús.

Comezouse a construír no ano 1523 e rematouse no 1669. En 1668 foi arrasado po las lapas menos a fachada da igrexa, Foi utilizado coma albergue de Monxes, Bispos e Curas escapados da Revolución Francesa e hospedados po lo Cardeal Quevedo. No ano 1835, ano da exclaustración , pasou a mans particulares menos a igrexa que e parroquial, o seu estado e deplorable ata que fai poucos anos o concello de Xinzo mercouno e acondicionouno un pouco pra que non seguira derruíndose.

Claustro do Bon Xesús cando non pertencia o concello de Xinzo.

Interior do mosteiro

O Claustro soio conserva o corpo baixo. Estilisticamnete e unha mestura renacentista co as ultimas manifestacións de un gótico flamigero, arcos conopiales deprimidos lixeiramente peraltados sobre columnas con capiteis historiados e de motivos vexetais,

Cruceiro fronte a igrexa.

Cruceiro no camiño que sobe o mosteiro, ca torre de Pena o fondo da imaxe.

Peto das Animas de mais de 200 anos na praza do pobo de trandeiras.A táboa de madeira do interior, foi feita recentemente.

www.xinzodelimia.eu dojagosa@hotmail.com

Contador Gratis