| | TORRE DE PENA. | ![]() |

A Torre de A Pena da Portela formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Pena, Sandiás, Celme e Porqueira).

Aínda que algúns historiadores atribúen a súa construcción ós suevos, pénsase que foi erguida no século XII para preve-los intentos de invasión de Afonso Henríquez de Portugal.

Foi tomada polo Duque de Lancaster no 1386, cando pertencía ós Biedma por mercede de Enríque II. Diles pasou ós Monterrei, mais cando Francisca de Zúñiga e Biedma, filla do Conde de Monterrei, casou co Conde de Lemos escomenzou un interminable pleito entre estas dúas casas pola súa posesión.

No século XVIII a fortaleza foi abandonada e destruída, conservándose só a torre,e ainda quedan restos das murallas exteriores.
Dende a súa privilexiada posición óllase unha fermosa e extensa vista sobre A Limia.