| |
Ricardo Atanes Castro
| ![]() |
Naceu en Cualedro
(Ourense) o 5 de maio de 1875, ingresou na Congregación o 11 de maio de 1891,
emitiu os votos o 3 de agosto de 1893 e foi ordenado de sacerdote o 27 de maio
de 1899. Foi o seu primeiro destino México, onde pasou 14 anos simultaneando a
docencia no Seminario diocesano coa predicación do evanxeo aos indios maias. En
1914 é destinado a Estados Unidos, volve a España en 1924 destinado a Ourense e
en 1935 foi enviado á residencia de Xixón (Asturias), onde atopará o martirio do
14 de agosto de 1936.
Consérvase unha carta súa de mozo a un formador do seminario, contándolle o seu
labor misioneira entre as montañas de México e fálalle con alegría da
posibilidade de morrer mártir. Parece ser que o formador explicáralles a
relación do martirio coa actividade misioneira e o discípulo cóntalle as súas
vivencias. Ao P. Atanes levárono prisioneiro a un cárcere improvisada para
relixiosos no Colexio dos Xesuítas de Xixón. Incluírono no matanza do 14 de
agosto, xunto a sete sacerdotes seculares, catro capuchinos, tres deles
sacerdotes e tres Xesuítas. A saca montouse como un espectáculo de masas,
conducidos en pleno día nun camión descuberto, amodo entre as rúas de Xixón aos
berros da multitude contra os sacerdotes e contra a Igrexa. Matáronos no mesmo
cemiterio.
http://www.vincenziani.com/profilotobarspagnolo.htm