| |
Anunciación Casado Atanes
| ![]() |
Casado Atanes,
Anunciación
(Cualedro 1897 - Viana do Bolo 1936)
Sindicalista. Responsable do Partido Comunista de España (PCE) na comarca do Bolo. Retornou en 1932 de Euskadi e dedicouse a actividades propagandísticas entre os traballadores do ferrocarril que se estaba a construír entre A Gudiña e Vilar de Barrio. Destacada oradora e organizadora, foi asasinada en agosto de 1936.
A etapa da República
Foi sobre todo na etapa da República cando as mulleres se incorporaron á loita
política e sindical: pronunciaron discursos, como Mercedes do Campo, que
interveu na III e IV Asemblea do PG, en 1934 e 1935, como representante do Grupo Feminino de Ourense; salientaron polas súas dotes oratorias, como Anunciación
Casado Atanes, responsábel do PCE de Viana, Ourense, en 1936; foron candidatas a
deputadas cando aínda non podían votar:
Represaliadas
Anunciación Casado Atanes, militante do PCE que adquiriu moita sona pola defensa que fixo do campesiñado e polas dotes oratorias e organizativas que posuía, foi obxecto dunha constante persecución. En mans dos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada en agosto de 1936. Tiña 38 anos.
Achegármonos ao seu papel na II República, valorar a súa participación política e social, a súa implicación nos procesos de loita no autogoberno de Galiza, concretamente na aprobación do Estatuto do 36. Hai que rescatar ás Mercedes do Campo, ás María Miramontes, ás Anunciación Casado, ás Concepción Alfaya ou ás Amanda Rodríguez, que participaron en diferentes organizacións políticas con cargos de responsabilidades